Plan de Vivenda de Estremadura 2022-2027 | Observatorio de Vivenda

Plan de Vivenda de Estremadura 2022-2027

Plan de Vivenda de Estremadura 2022-2027

O Plan de Vivenda de Estremadura significa un avance máis na garantía do acceso á vivenda como dereito dos cidadáns e cidadás. Este avance xustifícase especialmente pola vontade da Consellería de Mobilidade, Transporte e Vivenda de dar unha nova dimensión metodolóxica e estratéxica a través do Plan como instrumento, deseñando novas políticas para os próximos anos desde o coñecemento das diferentes realidades e tendencias sociais, económicas, residenciais e territoriais da rexión e da contorna estatal e europea, de acordo coas necesidades actuais.

O Plan establece 9 obxectivos xerais os cales son: 

1. Procurar a función social da vivenda

2. Incrementar a dispoñibilidade de vivenda alcanzable, reducir o esforzo financeiro e avanzar na innovación en materia de vivenda

3. Facilitar o acceso á vivenda na contorna rural ante o reto demográfico

4. Mellorar a dotación, xestión e sustentabilidade do parque de vivenda pública de Estremadura

5. Impulsar medidas contra a exclusión residencial e a emerxencia habitacional

6. Promover a rehabilitación integral, a accesibilidade, a eficiencia, a descarbonización do parque residencial e combater a pobreza enerxética

7. Promover a rexeneración de contornas residenciais urbanas e rurais vulnerables e garantir a cohesión social

8. Facilitar o acceso ao financiamento e aos programas de axudas á vivenda, mellorando a difusión e a simplificación administrativa

9. Mellorar a transparencia, a cooperación, coordinación e avaliación das políticas de vivenda

Ligazón.- Plan de Vivenda de Estremadura, 2022-2027