Plan Estatal de Vivenda 2026-2030 | Observatorio de Vivenda

Plan Estatal de Vivenda 2026-2030

Plan Estatal de Vivenda 2026-2030

O Plan Estatal de Vivenda 2026-2030 configúrase como un instrumento de alcance estatal cunha marcada orientación social, dirixido a dar resposta ás necesidades prioritarias da cidadanía e a evitar que o acceso á vivenda actúe como un freo ao benestar ou ao desenvolvemento económico.

O real decreto que o regula estrutúrase en sete capítulos, cun desenvolvemento amplo que abrangue cento cincuenta e oito artigos, ademais de disposicións adicionais, finais e anexos.

Capitulo I, sobre disposicións xerais

Capítulo II, sobre a liña de financiamento de axudas para o fomento do incremento da oferta de vivenda social e accesible.

Capítulo III, sobre a liña de financiamento de axudas para o fomento da rehabilitación edificatoria, a accesibilidade e a renovación urbana e rural.

Capítulo IV, sobre a liña de financiamento de axudas para reducir a taxa de esforzo para o pagamento da vivenda, así como para impulsar a emancipación das persoas mozas.

Capítulo V, sobre a cooperación administrativa para o Plan Estatal de Vivenda 2026-2030.

Capítulo VI, sobre a avaliación do Plan.

Capítulo VII, sobre a eficiencia dos recursos públicos.

Ligazón.- Plan Estatal de Vivenda 2026-2030

Máis Información.- Boletín Oficial do Estado