Seguimento e análise da construción. 2025 | Observatorio de Vivenda

Seguimento e análise da construción. 2025

Seguimento e análise da construción. 2025

O seguimento e análise da construción en Galicia é unha actividade de análise estatística de carácter anual que ten como finalidade ofrecer unha visión global da evolución e da situación do sector da construción na comunidade autónoma. A información difundida mediante este informe procede de diversas fontes estatísticas oficiais relativas á actividade económica, ao mercado da vivenda, á edificación e á licitación pública.

O obxectivo desta actividade é realizar un seguimento dos principais indicadores vinculados ao sector da construción en Galicia, analizando tanto a evolución da demanda e da oferta de vivenda como a actividade edificatoria residencial e non residencial, os prezos da vivenda, o financiamento hipotecario e a licitación pública.

O informe estrutúrase en diferentes ámbitos de análise que abranguen a compravenda de inmobles, as transaccións inmobiliarias, as hipotecas, os prezos da vivenda, os tipos de xuro e o esforzo financeiro dos fogares, así como indicadores da oferta de vivenda. 

Documento.- Seguimento e análise da construción. 2025

Extraído de: IGE