Fianzas en Ourense por códigos postais e mapas | Decembro 2020

Preséntanse as estatísticas interanuais correspondentes aos contratos de alugueiro en Ourense. Preséntase: o número de contratos no municipio completo, o importe medio no municipio completo e o número e importe medio de 2019 e acumulado de 2020 (en táboa).

Notas metodolóxicas

Algúns dos rexistros de fianzas non inclúen código postal (ou teñen algún erro), polo que a suma total por códigos postais pode ser diferente que o total do concello.

Algúns códigos postais comprenden áreas xeográficas non limítrofes (por exemplo, en Vigo as Illas Cíes e áreas do casco urbano).

A base de datos das xeometrías correspondentes a cada código postal corresponde a 2016.

Non se detallarán os datos relativos a códigos postais cun número de operacións inferior a 5 por cuestións de segredo estatístico. Estes casos represéntanse cun guión.

 

Número dos contratos asinados en 2020 no concello de Ourense por códigos postais

 

Importe medio dos contratos asinados en 2020 no concello de Ourense por códigos postais

 

Número e importe medio dos contratos asinados en 2020 e 2019 no concello de Ourense por códigos postais

 

Concello Código postal Nº de fianzas (2020) Importe medio (€) Nº de fianzas (2019) Importe medio (€)
Ourense 32001 255 386,7 311 367,7
Ourense 32002 291 401,0 375 393,0
Ourense 32003 236 477,6 311 462,0
Ourense 32004 357 432,1 400 429,3
Ourense 32005 478 400,5 503 382,9
Ourense 32103 - - - -
Ourense 32172 - - - -
Ourense 32960 - - - -
Ourense 32970 8 355,0 8 341,9
Ourense 32971 - - - -
Ourense 32980 - - - -
Ourense 32981 - - - -
Ourense 32990 - - - -


Fonte| IGVS. (31.12.2020)