Fianzas na cidade da Coruña en detalle | Xuño 2025

Número de fianzas dos contratos asinados en 2025 no concello da Coruña por mes de contrato

Importe medio da renda mensual dos contratos asinados en 2025 no concello da Coruña por mes de contrato

Nota: Como os valores de mes de contrato e mes de depósito non sempre coinciden (por exemplo, nas fianzas depositadas no mes de xuño poden aparecer contratos de maio, abril, etc.), os resultados relativos aos contratos formalizados por mes e ano son sempre susceptibles de actualización.

 

Fianzas na Coruña por códigos postais e mapas

 

Notas metodolóxicas

Algúns dos rexistros de fianzas non inclúen código postal (ou teñen algún erro), polo que a suma total por códigos postais pode ser diferente que o total do concello.

Algúns códigos postais comprenden áreas xeográficas non limítrofes (por exemplo, en Vigo as Illas Cíes e áreas do casco urbano).

A base de datos das xeometrías correspondentes a cada código postal corresponde a 2016.

Non se detallarán os datos relativos a códigos postais cun número de operacións inferior a 5 por cuestións de segredo estatístico. Estes casos represéntanse cun guión.

As fianzas e o importe medio do alugueiro dos códigos postais das cidades en 2025 corresponden a datos interanuais, é dicir, considéranse tanto o número de fianzas como o importe das fianzas deste mes e as dos 11 meses anteriores.

 

Número de fianzas depositadas dos contratos asinados en 2025 no concello da Coruña por códigos postais (Datos interanuais)

 

 

Importe medio da renda mensual dos contratos asinados en 2025 no concello da Coruña por códigos postais (Datos interanuais)

 

 

 

Número e importe medio interanual dos contratos en 2025 no concello da Coruña por códigos postais

Concello Código postal Fianzas interanuais (N.º) Importe medio interanual (€)
A Coruña 15001 359 838,7
A Coruña 15002 691 697,6
A Coruña 15003 346 840,1
A Coruña 15004 380 917,2
A Coruña 15005 359 822,8
A Coruña 15006 491 732,1
A Coruña 15007 682 637,9
A Coruña 15008 495 653,4
A Coruña 15009 851 674,1
A Coruña 15010 519 645,9
A Coruña 15011 531 704,0
A Coruña 15190 159 478,7

Datos avance.

Nota: as fianzas e o importe medio do alugueiro amosados na táboa corresponden a datos interanuais. Neste caso, considéranse as fianzas asinadas de xullo de 2024 a xuño de 2025. 

 

Fonte.- IGVS. (Datos a 30.06.2025)