edifica4.0. Ecosistema da Construción Industrializada en Galicia | Observatorio de Vivenda

edifica4.0. Ecosistema da Construción Industrializada en Galicia

edifica4.0. Ecosistema da Construción Industrializada en Galicia

O portal do Ecosistema da Construción Industrializada en Galicia, iniciativa vinculada ao Plan de Impulso da Construción Industrializada promovido pola Xunta de Galicia en colaboración co Clúster da Construción de Galicia, constitúe un espazo de referencia para coñecer o avance da industrialización no ámbito da edificación, así como as metodoloxías, tecnoloxías e solucións innovadoras que están a contribuír á modernización e sustentabilidade do sector construtivo galego. 

Entre os seus principais contidos destaca o Mapa de Capacidades da Construción industrializada en Galicia como ferramentas de consulta técnica e conexión sectorial. O seu obxectivo é facilitar a colaboración entre proxectistas, enxeñarías, construtoras e fabricantes, favorecendo a integración temperá das solucións industrializadas e proporcionando unha visión global do ecosistema galego da construción industrializada.

Acceso edifica4.0

Acceso ao Mapa de capacidades da Construción industrializada en Galicia