Principais datos de Galicia. Instituto Galego de Estatística | Observatorio de Vivenda

Principais datos de Galicia. Instituto Galego de Estatística

Principais datos de Galicia. Instituto Galego de Estatística

A páxina de Principais Datos de Galicia do Instituto Galego de Estatística (IGE) recompila información estatística actualizada sobre a sociedade, a economía, o territorio e o benestar da comunidade, ofrecendo unha visión global da situación da nosa rexión. Esta información permite coñecer tanto a composición e evolución da poboación, o mercado laboral, a educación e a saúde, como os principais indicadores económicos, produtivos e empresariais. Tamén inclúe datos sobre infraestruturas, transporte e sector exterior, ofrecendo unha perspectiva completa das dinámicas sociais e económicas galegas.

A presentación dos datos estrutúrase en bloques temáticos, que recollen cifras recentes sobre poboación, emprego, benestar, educación, saúde, agricultura, industria, construción, macroeconomía, empresas, estradas e transporte, así como importacións e exportacións. Todos os indicadores proceden de fontes oficiais como as distintas consellerías autonómicas e organismos estatais, garantindo a fiabilidade e a comparabilidade da información. 

Ligazón.- Principais datos de Galicia