Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia | Observatorio de Vivenda

Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia

Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia

O Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia ten a finalidade de ser un procedemento áxil e transparente para a adxudicación das vivendas, respectando a capacidade de elección dos solicitantes e garantindo a igualdade de posibilidades no acceso ás vivendas dos demandantes rexistrados.

Ademais pretende ser un instrumento válido e veraz para ter datos fiables sobre a demanda real de vivendas protexidas en cada localidade, ao coñecer o número de demandantes existentes para cada réxime de vivenda.

Ligazón.- Rexistro de Demandantes de Vivenda Protexida