Trámites de vivenda. Sede electrónica Xunta de Galicia | Observatorio de Vivenda

Trámites de vivenda. Sede electrónica Xunta de Galicia

Trámites de vivenda. Sede electrónica Xunta de Galicia

As accións do Goberno galego en materia de vivenda teñen, como obxectivos prioritarios, o fomento da rehabilitación e do aluguer de vivendas. No marco deste último, destácanse nesta páxina os programas, liñas de axuda, complementos, bonos e subvencións máis relevantes, todos eles dirixidos a favorecer o mercado do aluguer de vivendas privadas e a facilitar o acceso a unha vivenda, en réxime de aluguer, a determinados colectivos. Entre estes últimos, inclúense as unidades familiares ou de convivencia con ingresos que non superen os niveis do IPREM determinados en cada caso (con prioridade segundo colectivos e nivel de ingresos), a xuventude ou as persoas pensionistas da Seguridade Social na súa modalidade non contributiva.

Destacar, entre as distintas liñas de axuda convocadas, aquelas que teñen como beneficiarias ás persoas propietarias ou usufrutuarias de vivendas en trámite de incorporación no marco do programa de vivendas baleiras, ou as que facilitan o cambio de réxime de aluguer a compravenda e de compravenda a aluguer de vivendas protexidas de promoción pública.

Ligazón.- Sede Electrónica Xunta de Galicia