O Supremo declara lícito que os veciños poidan prohibir a presenza de pisos turísticos na súa comunidade por maioría de tres quintos | Observatorio de Vivenda

O Supremo declara lícito que os veciños poidan prohibir a presenza de pisos turísticos na súa comunidade por maioría de tres quintos

O Supremo declara lícito que os veciños poidan prohibir a presenza de pisos turísticos na súa comunidade por maioría de tres quintos

O Pleno da Sala Primeira do Tribunal Supremo ditou dúas sentenzas nas que declara que as comunidades de propietarios poden prohibir a actividade de alugueiros turísticos mediante acordos adoptados en xunta por maioría de tres quintos.

A normativa en cuestión establecía que "limitar ou condicionar" un piso turístico nunha comunidade de propietarios esixe o voto favorable das tres quintas partes do total dos propietarios, unha maioría igual á requirida para establecer cotas especiais de gastos ou un incremento na participación dos gastos comúns da vivenda turística, sempre que estas modificacións non supoñan un incremento superior ao 20%. Estes acordos non terán efectos retroactivos.

O Supremo resolve a controversia sobre as maiorías suficientes xerada en distintos casos presentados en audiencias provinciais e resoltas con sentenzas opostas. O que a sala determina é que esa maioría suficiente é a de tres quintas partes e non é necesaria a unanimidade. Deste xeito, o Supremo declara lícito que os veciños poidan prohibir a presenza de pisos turísticos na súa comunidade xa que o veto a determinados usos privativos actúa de acordo coa Constitución no ámbito da propiedade horizontal.

Fonte.- El Mundo