O prezo da vivenda usada increméntase un 8,4% en 2024, segundo datos de Fotocasa | Observatorio de Vivenda

O prezo da vivenda usada increméntase un 8,4% en 2024, segundo datos de Fotocasa

O prezo da vivenda usada increméntase un 8,4% en 2024, segundo datos de Fotocasa

O mercado da vivenda de segunda man en España pechou o ano 2024 cunha suba anual do 8,4%, situando o prezo medio en decembro en 2.389 euros por metro cadrado, segundo datos de Fotocasa. Este incremento anual é o máis elevado dende que comezou a serie histórica do Índice Inmobiliario Fotocasa hai 19 anos. A Comunidade Valenciana foi a rexión coa maior alza, cunha subida do 19,8%, seguida de Baleares (19,5%) e Madrid e a Rexión de Murcia (ambas cun 13,6%). Outras comunidades como Galicia experimentaron un aumento do 10%, situándose no oitavo lugar do ranking nacional.

En canto aos prezos por metro cadrado, Baleares encabeza a listaxe das zonas máis caras, superando os 4.000 euros dende abril e chegando a 4.597 euros en decembro. Madrid segue cun prezo medio de 4.278 euros por metro cadrado, mentres que o País Vasco e Cataluña rexistran 3.284 e 2.824 euros, respectivamente. Esta tendencia á alza reflectiuse tamén a nivel provincial, cun aumento en 45 provincias. Alicante destacou cunha suba do 21,3%, mentres que Lugo e Pontevedra acadaron subas do 14,9% e 13,7%, respectivamente, evidenciando unha presión crecente sobre o mercado.

Segundo María Matos, directora de Estudos de Fotocasa, a subida dos prezos consolida un contexto de alta tensión entre unha oferta reducida e unha demanda en crecemento. A capacidade de atracción turística e demográfica de zonas como Baleares, Canarias e Madrid contribúe a máximos históricos de prezos, malia que o nivel nacional aínda non supera os valores da burbulla inmobiliaria de 2007. Este panorama indica un mercado recalentado, condicionado por factores estruturais que impulsan a súa evolución alcista.

Fonte.- Servimedia