As transaccións inmobiliarias por parte de estranxeiros en España increméntase un 30,7% con respecto a 2019, segundo datos do Ministerio | Observatorio de Vivenda

As transaccións inmobiliarias por parte de estranxeiros en España increméntase un 30,7% con respecto a 2019, segundo datos do Ministerio

As transaccións inmobiliarias por parte de estranxeiros en España increméntase un 30,7% con respecto a 2019, segundo datos do Ministerio

Os compradores estranxeiros de vivenda incrementaron as transaccións inmobiliarias nun 30,7% respecto ao 2019, case o dobre do aumento rexistrado polos españois no mesmo período (17,7%). Nos primeiros nove meses de 2024, adquiriron 125.857 vivendas, representando un 18,4% do total, segundo un estudo de CaixaBank Research baseado en datos do Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana. Este incremento tivo un forte impulso en 2021 e 2022 tras o descenso provocado pola crise da COVID-19 (-30,2%).

En 2023, a suba dos tipos de xuro reduciu as compravendas en todas as tipoloxías de compradores. Con todo, o descenso foi máis moderado entre os estranxeiros residentes (-4,7%) en comparación cos non residentes (-12,9%) e os españois (-11,6%), impulsado por unha notable oleada migratoria que incrementou a adquisición de vivendas por parte dos residentes estranxeiros. Ademais, os estranxeiros non residentes destacan por adquirir vivendas de maior prezo, cunha media de 2.895 euros/m², fronte aos 1.734 euros/m² dos residentes e os 1.659 euros/m² dos españois.

A nivel xeográfico, os compradores estranxeiros concéntranse nas zonas turísticas (como os arquipélagos e o arco mediterráneo) e urbanas (notablemente Barcelona e Madrid), destacando a provincia de Alacante, onde representan a metade das compravendas, cun 68,6% protagonizado por non residentes. En canto ás nacionalidades, os británicos, alemáns, holandeses, belgas e franceses lideran as compras de non residentes, mentres que entre os residentes, os marroquís destacan no primeiro semestre de 2024, seguidos de romaneses e italianos. Excepcións rexionais inclúen Galicia, onde predominan os compradores portugueses, e Madrid, onde os chineses ocupan o primeiro lugar.

Fonte.- Idealista