Nova York propón restrinxir a adquisición de vivendas por parte dos grandes fondos de investimento | Observatorio de Vivenda

Nova York propón restrinxir a adquisición de vivendas por parte dos grandes fondos de investimento

Nova York propón restrinxir a adquisición de vivendas por parte dos grandes fondos de investimento

Nova York, cunha urxencia de 500.000 fogares adicionais para o ano 2032, está a poñer en marcha novas medidas para abordar a crise habitacional. A gobernadora Kathy Hochul propuxo unha lei para limitar o impacto dos grandes fondos de investimento no mercado residencial. Entre as medidas destacadas, búscase impedir que estes fondos posúan máis do 10% das propiedades dunha mesma área e dar prioridade aos particulares na compra de vivendas durante os 75 días seguintes á súa saída ao mercado. Tamén se propón reducir beneficios fiscais para os chamados “caseros corporativos” e crear un rexistro público dos grandes propietarios.

Os fondos de investimento controlan xa o 15% do parque residencial de Nova York, unha cifra que en distritos como Brooklyn, Queens ou o Bronx supera o 25%, situándose moi por riba da media nacional do 2%. Este dominio está a provocar un encarecemento da vivenda: os prezos de venda medraron un 7% no último mes, mentres que o número de propiedades dispoñibles caeu un 2%. Ademais, o prezo medio do alugueiro aumentou un 30% desde 2018, dificultando aínda máis o acceso a vivendas a prezos asumibles.

As medidas propostas por Hochul chegan nun momento politicamente delicado, cun apoio parcial do Partido Demócrata e unha forte oposición da industria, que considera que as restricións desincentivan a inversión. A pesar disto, Nova York podería marcar un precedente a nivel nacional grazas á maioría lexislativa coa que conta a gobernadora. Ademais, no futuro poderían introducirse límites temporais á posesión de propiedades por parte dos fondos, obrigándoos a vendelas nun prazo máximo de dez anos, reforzando así a estratexia de regulación.

Fonte.- Idealista