O Tribunal Constitucional anula parte da Lei de Vivenda pero avala o control do alugueiro en zonas tensionadas | Observatorio de Vivenda

O Tribunal Constitucional anula parte da Lei de Vivenda pero avala o control do alugueiro en zonas tensionadas

O Tribunal Constitucional anula parte da Lei de Vivenda pero avala o control do alugueiro en zonas tensionadas

O Tribunal Constitucional resolveu parcialmente a impugnación presentada por máis de cincuenta deputados do PP contra determinados artigos da Lei de Vivenda (Lei 12/2023, do 24 de maio), alegando cuestións de competencias. A sentenza, redactada pola maxistrada María Luisa Segoviano Astaburuaga, anula dous apartados da disposición final da lei, que establecían requisitos para admitir demandas de recuperación da vivenda ou para iniciar a subasta de inmobles. Porén, o tribunal avala a limitación dos prezos do alugueiro en zonas de mercado tensionado, xa que considera que existe un equilibrio razoable entre os medios empregados e a finalidade perseguida.

A sentenza tamén indica que a limitación do alugueiro afecta ó dereito de propiedade, pero non altera a súa esencia, xa que unicamente regula as expectativas de beneficio económico e non obriga a poñer os inmobles no mercado de alugueiro nin a establecer prezos non rendibles. O tribunal conclúe que esta restrición non é desproporcionada, pois a renda máxima fíxase con base en criterios obxectivos de mercado e ten carácter temporal. amén rexeita a impugnación do artigo 31.1 e 2 da lei, que establece a información mínima que debe proporcionarse en operacións de compra ou alugueiro, argumentando que esta normativa busca garantir a transparencia e protexer o dereito á vivenda.

O Constitucional tamén declarou inconstitucionais e nulos varios artigos da lei, incluído o referente ao réxime da vivenda protexida, a regulación dos parques públicos de vivenda e as obrigas informativas dos grandes propietarios. O tribunal considera que estas disposicións invaden competencias autonómicas ao regular de maneira demasiado detallada aspectos que corresponden ás comunidades autónomas. Ademais, hai outros recursos pendentes contra a Lei de Vivenda presentados por varias comunidades autónomas, que alegan invasión competencial en cuestións como a regulación do mercado de alugueiro e as modificacións na Lei de Enxuizamento Civil.

Fonte.- Idealista