O número de hipotecas asinadas en Reino Unido durante o 2023 é o dato máis baixo da última década, con 282.000 | Observatorio de Vivenda

O número de hipotecas asinadas en Reino Unido durante o 2023 é o dato máis baixo da última década, con 282.000

O número de hipotecas asinadas en Reino Unido durante o 2023 é o dato máis baixo da última década, con 282.000

Os elevados prezos da vivenda no Reino Unido, que chegaron ás 549.000 libras (657.000 euros), están forzando aos máis novos a abandonar as grandes cidades como Birmingham ou Manchester, segundo datos da Oficina Nacional de Estatísticas (ONS). En 2023, rexistráronse 282.000 hipotecas, a cifra máis baixa da última década. Aínda así, un 38,4% delas foron asinadas por compradores que mercaban unha casa por primeira vez, fronte ao 28% de fai dez anos. Con todo, en Londres a situación é máis crítica: só o 12,7% das hipotecas no centro da capital foron de ‘primeiros compradores’, moi por baixo do 16,8% de 2013.

Nas zonas máis exclusivas de Londres, como Tower Hamlets, Kensington e Chelsea ou Lewisham, a caída de hipotecas para compradores debutantes chega ata o 46,9% na última década. Pola contra, en municipios periféricos como Harlow, Dartford ou Swale, esta clase de hipotecas aumentou entre un 34% e un 68%. O Banco de Inglaterra sinala que no último trimestre de 2024, o 29,6% das hipotecas foron para quen compraba vivenda por primeira vez, o nivel máis alto dende 2007. Esta tendencia explícase polo forte encarecemento dos alugueiros, que superaron as 1.375 libras ao mes, mentres que a cota hipotecaria media para un ‘primeiro comprador’ é de 1.038 libras. Ademais, melloras nas condicións hipotecarias tamén estarían favorecendo o acceso á vivenda para a xente nova.

Fonte.- Idealista