A demanda de vivenda é maior na provincia fronte á capital en 34 das 50 provincias, segundo o estudo de demanda de idealista a peche de 2024 | Observatorio de Vivenda

A demanda de vivenda é maior na provincia fronte á capital en 34 das 50 provincias, segundo o estudo de demanda de idealista a peche de 2024

A demanda de vivenda é maior na provincia fronte á capital en 34 das 50 provincias, segundo o estudo de demanda de idealista a peche de 2024

A finais de 2024, un estudo de idealista revelou que en 34 das provincias españolas, a maior parte da demanda para comprar vivenda concéntrase en municipios fóra das capitais provinciais. Exemplos destacados son Cádiz, Pontevedra, Tarragona e Toledo, onde máis do 90% dos interesados buscan casa en localidades como Jerez, Sanxenxo, Cambrils ou Illescas. As razóns varían: dende limitacións xeográficas, como no caso de Cádiz, ata a proximidade con grandes urbes como Madrid, que fai que aumente o interese por vilas próximas. Tamén se observa unha forte demanda en zonas costeiras ou turísticas, coma Baiona ou Salou. Outras provincias con porcentaxes altos de demanda fóra da capital son Girona, Huesca, Santa Cruz de Tenerife ou Guadalajara.

Non obstante, hai 16 capitais onde a demanda segue centrada na cidade principal, entre elas Madrid, Sevilla ou Zaragoza. A cidade de Madrid, por exemplo, rexistrou máis de 88.000 compravendas, liderando o mercado estatal, cunha alta demanda en barrios da capital e en municipios como Alcalá de Henares, Alcorcón ou Móstoles. En Barcelona, aínda que a capital concentra o 25% das operacións, a maior parte do interese trasládase a cidades limítrofes como Hospitalet ou El Prat. Valencia tamén amosa unha situación semellante, con forte demanda en Mislata ou Torrent. En xeral, o mercado inmobiliario en España superou as 700.000 operacións en 2024, e os expertos prevén que esta tendencia se manteña en 2025.

Fonte.- Idealista