O prezo da vivenda usada crece un 11,2% interanual no primeiro trimestre, segundo Idealista | Observatorio de Vivenda

O prezo da vivenda usada crece un 11,2% interanual no primeiro trimestre, segundo Idealista

O prezo da vivenda usada crece un 11,2% interanual no primeiro trimestre, segundo Idealista

O prezo da vivenda usada en España continúa en ascenso, cun incremento interanual do 11,2% no primeiro trimestre de 2025, o que supón que o metro cadrado se sitúe en 2.311 euros, segundo os datos do último informe do portal Idealista. Esta suba trimestral, do 1,7%, marca un novo máximo histórico. Todas as capitais provinciais, agás Huesca (cun descenso do 7,8%), rexistraron aumentos, destacando Madrid cun 22,7%, seguida de Valencia (21,6%), Málaga (20,3%) e Palma (18,5%). San Sebastián continúa sendo a capital máis cara, con 6.000 euros/m², mentres que Zamora mantense como a máis accesible, con 1.199 euros/m².

En canto ás comunidades autónomas, só en Estremadura baixaron os prezos (-1,9%), mentres que Madrid encabezou as subas cun 20,5%. Tamén houbo aumentos significativos en Canarias (16,5%), Comunitat Valenciana (16%) e Rexión de Murcia (14,6%). Pola contra, Galicia experimentou unha subida máis moderada, do 2,8%. Baleares segue sendo a autonomía máis cara (4.797 euros/m²), seguida de Madrid (4.013 euros/m²) e Euskadi (3.117 euros/m²). No extremo oposto sitúanse Castela-A Mancha, Estremadura e Castela e León, con prezos por debaixo dos 1.210 euros/m². A tendencia xeral mostra un encarecemento xeneralizado da vivenda usada en case todo o país, tanto en capitais como en provincias.

Fonte.- Idealista