Madrid e Vigo lideran os incrementos do prezo da vivenda no primeiro trimestre de 2025, segundo o estudo realizado pola empresa taxadora Tinsa | Observatorio de Vivenda

Madrid e Vigo lideran os incrementos do prezo da vivenda no primeiro trimestre de 2025, segundo o estudo realizado pola empresa taxadora Tinsa

Madrid e Vigo lideran os incrementos do prezo da vivenda no primeiro trimestre de 2025, segundo o estudo realizado pola empresa taxadora Tinsa

No primeiro trimestre de 2025, Vigo e Madrid lideran o crecemento do prezo da vivenda en España, segundo o informe da tasadora Tinsa. A tendencia alcista continúa sendo xeralizada nas principais cidades, especialmente nas capitais costeiras, núcleos de emprego e cidades medias preto de áreas dinámicas. Vigo destaca non só polo seu incremento interanual do 14,1 %, só superado por Madrid co 15 %, senón tamén polo impulso no primeiro trimestre, situándose á cabeza a nivel estatal. A pesar das expectativas de que a aprobación do novo Plan Xeral e os proxectos de vivenda protexida da Xunta poidan mitigar esta escalada, por agora o mercado segue tensionado, con subas que superan o 6 % en Vigo e Madrid, e próximas ao 6 % en Valencia e Palma.

O estudo tamén revela que en 26 capitais os prezos soben máis que na súa provincia, mentres que noutras 22 cidades ese crecemento é inferior. Vigo destaca aquí como unha excepción, pois a diferenza entre o prezo medio da cidade e o da provincia é das máis elevadas do Estado, xunto con Cádiz. Aínda que Vigo lidera a suba de prezos tanto en vivenda nova como usada, o seu custo por metro cadrado non está entre os máis altos: cun prezo medio de 1.961 €/m², sitúase por debaixo de cidades como A Coruña (2.021 €/m²) e lonxe de Madrid, Barcelona ou San Sebastián, esta última á cabeza con 4.500 €/m². Vigo continúa por debaixo do seu máximo histórico de 2007-2008, aínda que xa se sitúa un 42 % por riba do seu mínimo histórico.

En canto á relación entre os prezos das capitais e das súas provincias, só Palma de Mallorca e Santa Cruz de Tenerife presentan prezos medios inferiores ás respectivas provincias. Pola contra, San Sebastián, Toledo, A Coruña, Cuenca e Valencia superan os seus territorios provinciais nunha marxe superior ao 50 %. Así, mentres en moitas capitais se consolidan máximos históricos e se superan os valores da burbulla inmobiliaria de 2007, Vigo aínda mantén marxe de crecemento, especialmente ao ter unha demanda forte e unha oferta limitada, factores que explican o seu comportamento extraordinario dentro do mercado inmobiliario español actual.

Fonte.- Atlántico