Os prezos da vivenda e o alugueiro subirán máis que as compravendas en 2025, segundo as previsións de Solvia | Observatorio de Vivenda

Os prezos da vivenda e o alugueiro subirán máis que as compravendas en 2025, segundo as previsións de Solvia

Os prezos da vivenda e o alugueiro subirán máis que as compravendas en 2025, segundo as previsións de Solvia

As previsións de Solvia para 2025 apuntan a un mercado inmobiliario que continuará medrando, aínda que a diferentes ritmos. Espérase un aumento nas compravendas de vivendas entre o 3% e o 4%, impulsado pola baixada dos tipos de xuro, a estabilidade no emprego e a crecente demanda por parte de compradores estranxeiros. Porén, os prezos medrarán a un ritmo máis acelerado, especialmente no mercado do alugueiro, onde se estima un incremento superior ao 10%. Este encarecemento vén motivado pola falta de vivendas dispoñibles fronte a unha demanda que non deixa de crecer, sobre todo nas grandes cidades e destinos turísticos. Madrid e Barcelona seguen liderando o ranking das cidades máis caras, con prezos que superan os 4.000 euros/m² no caso da capital española.

Ao mesmo tempo, a construción de obra nova tamén amosa sinais de recuperación, cun incremento do 18,3% en 2024 nos visados concedidos, acadando cifras non vistas dende 2008. Para 2025, Solvia prevé que esta tendencia se manteña cun crecemento adicional de entre o 5% e o 10%. Con todo, o sector segue enfrontando importantes desafíos: escaseza de solo dispoñible, incertezas legais, falta de man de obra cualificada e altos custos dos materiais. Estes factores limitan a capacidade de resposta da oferta fronte á forte presión da demanda, o que podería manter a tensión sobre os prezos da vivenda tanto en propiedade como en alugueiro durante os vindeiros meses.

Fonte.- Idealista