O 14% das vivendas que se alugaron a través de Idealista no primeiro trimestre non durou nin 24 horas no mercado | Observatorio de Vivenda

O 14% das vivendas que se alugaron a través de Idealista no primeiro trimestre non durou nin 24 horas no mercado

O 14% das vivendas que se alugaron a través de Idealista no primeiro trimestre non durou nin 24 horas no mercado

Durante o primeiro trimestre de 2025, o 14% das vivendas alugadas a través de idealista en España foron arrendadas en menos de 24 horas, dous puntos menos que no mesmo período de 2024, segundo un informe da plataforma inmobiliaria Idealista. Este fenómeno, coñecido como alugueiro exprés, amosa unha dinámica moi marcada en certas cidades, especialmente en Girona, onde o 47% dos pisos ofertados desapareceron do mercado nun só día. Tamén destacan Lleida, con un 36%, e outras localidades como Ávila, Burgos e Zamora, todas cun 27%.

Nos principais mercados urbanos, Valencia lidera o alugueiro exprés cunha taxa do 24%, seguida por Palma (23%) e San Sebastián (20%). Outras cidades relevantes como Bilbao e Barcelona presentan un 18%, mentres Málaga alcanza o 16% e Alicante o 15%. Madrid e Sevilla, pola súa parte, sitúanse na media nacional cun 14% de alugueiros realizados en menos de 24 horas. Pola contra, en cidades como Cáceres (5%), Badajoz (7%) ou Segovia (8%), esta práctica é moito menos frecuente.

En canto á evolución, Girona experimentou o maior crecemento, pasando do 17% ao 47% en só un ano. Tamén Soria, Ávila, Lleida e Burgos rexistraron aumentos destacados. En cambio, en Huesca e Melilla producíronse as caídas máis significativas na porcentaxe de alugueiros exprés. A nivel provincial, Lleida e Girona lideran cun 33%, seguidas de Teruel e Zamora (31%) e Guadalajara (28%), mentres que Madrid e a provincia de Barcelona quedan por detrás, cun 15% e 22% respectivamente. As provincias de Badajoz e Cáceres rexistran as taxas máis baixas, cun 7%.

Fonte.- Idealista