O prezo da vivenda encareceuse preto dun 35 % na última década, situándose a un 6% do máximo histórico | Observatorio de Vivenda

O prezo da vivenda encareceuse preto dun 35 % na última década, situándose a un 6% do máximo histórico

O prezo da vivenda encareceuse preto dun 35 % na última década, situándose a un 6% do máximo histórico

Nos últimos dez anos, o prezo da vivenda en España aumentou arredor dun 35 %, segundo datos do Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana, pasando dos 1.463 euros/m² a finais de 2014 aos 1.972 euros/m² a finais de 2024. Este incremento sitúase por riba da suba do IPC no mesmo período, que foi do 24 %, segundo o INE. Só nos últimos cinco anos, desde antes da pandemia, o custo por metro cadrado medrou un 19 %, mentres que o IPC aumentou case un 34 %.

Dende o confinamento provocado pola covid-19, o valor das vivendas rexistrou un aumento medio do 20 %. A evolución histórica mostra que, dende 1995, cando o metro cadrado custaba uns 693 euros, o prezo practicamente se triplicou, aínda que o IPC “só” subiu un 98 %. O único momento en que o custo superou os 2.000 euros/m² foi durante a burbulla inmobiliaria de 2007-2008, cando acadou o seu máximo histórico no primeiro trimestre de 2008, con 2.101 euros/m².

En canto aos distintos tipos de vivenda, as máis novas (de ata cinco anos) experimentaron subas do 34 % na última década e do 20,5 % nos últimos cinco anos, chegando aos 2.305 euros/m² a finais de 2024. As máis antigas (de máis de cinco anos) tamén rexistraron cifras récord, cunha media de 1.962 euros/m². Pola contra, as vivendas protexidas apenas subiron un 6,3 % en dez anos. Este encarecemento, unido á escaseza de oferta e á subida dos alugueiros, está dificultando o acceso á vivenda e provocando protestas cidadás en varias cidades españolas.

Fonte.- La Vanguardia