O prezo dos alugueiros increméntase un 10% interanual no mes de abril, segundo Idealista | Observatorio de Vivenda

O prezo dos alugueiros increméntase un 10% interanual no mes de abril, segundo Idealista

O prezo dos alugueiros increméntase un 10% interanual no mes de abril, segundo Idealista

O mes de abril pechouse cun novo récord histórico no prezo do alugueiro en España, alcanzando os 14,3 euros por metro cadrado, o que supón un incremento do 10% respecto ao mesmo mes do ano anterior. A tendencia á alza mantense tamén a curto prazo, cun aumento do 3,1% no último trimestre e do 1,7% só no mes de abril. A maior parte das capitais de provincia rexistraron subas interanuais, agás Lleida, onde os alugueiros baixaron un 2,3%. As subas máis destacadas déronse en Castelló de la Plana (+16,2%), Santa Cruz de Tenerife (+15,2%) e Ávila (+14,9%).

As principais cidades do país tamén experimentaron importantes aumentos. Barcelona (+12,5%), Valencia (+12%) e Madrid (+11,7%) lideran as subas entre os grandes mercados urbanos, seguidas de Alicante, Palma, Málaga, Bilbao e Sevilla. En canto aos prezos absolutos, Barcelona continúa sendo a cidade máis cara para vivir de alugueiro con 23,8 euros/m², seguida de Madrid (21,4 euros/m²) e San Sebastián (18 euros/m²). Pola contra, Zamora (7,1 euros/m²) e Ourense (7,4 euros/m²) presentan os prezos máis baixos entre as capitais.

En termos provinciais, Barcelona tamén encabeza a lista co prezo máis elevado (20,3 euros/m²), seguida por Madrid, Baleares e Guipúscoa. As subas máis fortes rexistráronse en Segovia, Teruel, Valencia e La Rioja, mentres que Pontevedra, Navarra e Guipúscoa tiveron incrementos máis moderados. A nivel autonómico, La Rioja (+13,2%), Asturias (+12,6%) e Madrid (+12,3%) lideran o encarecemento dos alugueiros, mentres que as comunidades con prezos máis baixos son Extremadura (7 euros/m²) e Castela-A Mancha (7,7 euros/m²). Galicia sitúase tamén por debaixo da media estatal, cun aumento do 7,2%.

Fonte.- Idealista