Os novos contratos de alugueiro incrementaron os seus prezos un 4,1% fronte ao 2,4% da renovación da renda de contratos existentes | Observatorio de Vivenda

Os novos contratos de alugueiro incrementaron os seus prezos un 4,1% fronte ao 2,4% da renovación da renda de contratos existentes

Os novos contratos de alugueiro incrementaron os seus prezos un 4,1% fronte ao 2,4% da renovación da renda de contratos existentes

O custo de cambiar de vivenda de alugueiro aumentou en España durante o 2023, segundo os datos do Índice de Prezos de Vivenda en Alugueiro (IPVA) do INE. O prezo medio dos alugueiros subiu un 2,6% a nivel estatal, unha décima menos que no 2022. Porén, os contratos novos de alugueiro encarecéronse notablemente máis: un 4,1%, fronte ao 2,4% dos xa existentes. Este incremento evidencia que, para quen asina un novo contrato, o impacto económico é maior ca para quen simplemente renova.

As cifras proceden dunha estatística experimental baseada nos prezos de referencia de 2015, a partir dos datos fiscais da Axencia Tributaria. Aínda que os rexistros teñen certo atraso, os datos do 2023 confirman unha tendencia xeneralizada ao alza en todas as comunidades autónomas. As subas máis pronunciadas rexistráronse na Comunitat Valenciana (3,6%), Baleares (3,2%) e Canarias (2,8%). Pola contra, as menores subidas déronse en Ceuta, Melilla, Asturias, e Castela e León, con valores por debaixo do 2,1%.

As diferenzas entre os novos contratos e as renovacións foron especialmente notables en Baleares, onde os primeiros subiron un 5,7%, case tres puntos máis ca os renovados. En Galicia tamén se rexistrou unha diferenza relevante de 2,1 puntos: os novos alugueiros aumentaron un 4,2%, fronte ao 2,1% das renovacións. Esta tendencia repítese noutras rexións como a Comunitat Valenciana e Canarias, confirmando que os contratos novos son os que máis empurran cara arriba o prezo do alugueiro.

Fonte.- Idealista