A axencia inmobiliaria Donpiso prognostica aumentos do prezo da vivenda, pero descarta un novo boom inmobiliario | Observatorio de Vivenda

A axencia inmobiliaria Donpiso prognostica aumentos do prezo da vivenda, pero descarta un novo boom inmobiliario

A axencia inmobiliaria Donpiso prognostica aumentos do prezo da vivenda, pero descarta un novo boom inmobiliario

A rede inmobiliaria Donpiso prognostica que o prezo medio da vivenda en España subirá arredor dun 7% ao longo de 2025, superando os 1.900 euros por metro cadrado. Este incremento viría motivado pola estabilidade dos tipos de interese, unha demanda acumulada tras anos de contención e a escaseza de obra nova dispoñible. Nas principais cidades do país, espérase que o prezo medio supere os 3.900 euros por metro cadrado. Segundo a compañía, estas condicións tamén poderían propiciar un aumento nas operacións de compravenda, que se achegarían ás 800.000 ao remate do ano, un 25% máis ca no exercicio anterior. 

Prevese un crecemento constante, especialmente nas áreas urbanas ben comunicadas e con servizos. Este incremento está a derivar nun maior interese en cidades medianas e zonas metropolitanas periféricas. O perfil do comprador continúa centrado en familias e mozos que buscan mellorar a súa vivenda habitual, aproveitando as condicións hipotecarias máis favorables, cun euríbor preto do 2%. A rede advirte, con todo, que a falta de vivenda accesible e de políticas estruturais en materia de solo e urbanismo seguen a ser os principais obstáculos para garantir un mercado máis equilibrado e sostible.

Fonte.- Idealista