O Índice de Referencia de Arrendamentos de Vivenda do INE sitúase nun 0,2% por baixo da inflación no mes de xuño | Observatorio de Vivenda

O Índice de Referencia de Arrendamentos de Vivenda do INE sitúase nun 0,2% por baixo da inflación no mes de xuño

O Índice de Referencia de Arrendamentos de Vivenda do INE sitúase nun 0,2% por baixo da inflación no mes de xuño

A partir do ano 2025, os contratos de alugueiro indefinidos asinados despois do 26 de maio de 2023 estarán suxeitos ao novo Índice de Referencia de Arrendamentos de Vivenda (IRAV), unha ferramenta creada polo Instituto Nacional de Estatística (INE) e que se publica simultaneamente co Índice de Prezos ao Consumo (IPC). Segundo os últimos datos dispoñibles, en xuño a inflación anual situouse no 2,3%, mentres que o IRAV quedou no 2,1%, lixeiramente por debaixo. Esta taxa representa un lixeiro incremento respecto a maio (1,99%) e aínda está por baixo do máximo rexistrado ata o momento, que foi do 2,28% en decembro de 2024.

Segundo os cálculos da plataforma idealista/data, co IRAV do 2,1%, os alugueiros en España experimentarán un aumento medio duns 19 euros mensuais, pasando dos 900 aos 919 euros ao mes, o que supón case 230 euros máis ao ano. Nos principais mercados de alugueiro como Barcelona, Madrid ou Valencia, onde as rendas son xa elevadas, o impacto será aínda maior: espérase que os alugueiros medren en máis de 300 euros ao ano, alcanzando cifras mensuais entre os 1.225 e os 1.380 euros de media.

Fonte.- Idealista