Os prezos do alugueiro tradicional soben máis dun 10% nas grandes cidades polo transvasamento de inmobles ao alugueiro de tempada, segundo donpiso | Observatorio de Vivenda

Os prezos do alugueiro tradicional soben máis dun 10% nas grandes cidades polo transvasamento de inmobles ao alugueiro de tempada, segundo donpiso

Os prezos do alugueiro tradicional soben máis dun 10% nas grandes cidades polo transvasamento de inmobles ao alugueiro de tempada, segundo donpiso

En 2025, cidades como Barcelona, Madrid, Valencia, Málaga ou Bilbao rexistraron subas no prezo medio do alugueiro residencial superiores ao 10% respecto ao ano anterior, segundo datos de donpiso. Esta tendencia débese, en boa parte, á diminución da dispoñibilidade de vivenda para uso habitual, xa que moitos propietarios están a destinar os seus inmobles ao alugueiro de tempada para evitar as restricións recollidas na Lei de Vivenda. Esta práctica está reducindo de forma notable a oferta de alugueiro de longa duración, o que incrementa a presión sobre os prezos e dificulta o acceso á vivenda para familias e residentes fixos.

O perfil máis habitual deste tipo de arrendadores é o de particulares cun único inmoble, que buscan aumentar os beneficios alugando a profesionais desprazados, nómadas dixitais ou estudantes internacionais, normalmente con ingresos superiores aos 2.500 euros mensuais e estadías de entre seis e nove meses. Isto permite aplicar rendas medias por riba dos 1.200 euros, superiores ás do mercado convencional. Pola contra, quen procura un alugueiro estable enfróntase a prezos cada vez máis altos e pouca oferta: en Barcelona, os contratos asinados este ano acadan xa unha media de 1.300 euros ao mes, mentres que en Madrid a cifra sitúase nos 1.250 euros.

Fonte.- Idealista