Parla e Castelldefels son os municipios de Madrid e Barcelona onde máis creceu o prezo da vivenda nova en 2024, segundo a taxadora Tinsa | Observatorio de Vivenda

Parla e Castelldefels son os municipios de Madrid e Barcelona onde máis creceu o prezo da vivenda nova en 2024, segundo a taxadora Tinsa

Parla e Castelldefels son os municipios de Madrid e Barcelona onde máis creceu o prezo da vivenda nova en 2024, segundo a taxadora Tinsa

En 2024, o mercado da vivenda de obra nova en España experimentou unha suba media do 7,6%, situándose nos 2.528 euros por metro cadrado. Porén, as grandes urbes, Madrid e Barcelona, continuaron a liderar os prezos, superando os 4.900 euros/m2, aínda que foron os municipios da súa contorna os que rexistraron os maiores incrementos. O crecemento máis acusado deuse en Parla, cunha subida do 19,5%, mentres que en Madrid capital os prezos aumentaron un 10,9%, chegando aos 4.688 euros/m2. Pola súa parte, Pozuelo de Alarcón consolidouse como o concello máis caro da rexión madrileña, con máis de 5.200 euros/m2.

Na área de Barcelona, a situación foi semellante. Castelldefels destacou cun incremento do 24,5% e un prezo medio de 4.427 euros/m2, situándose como o segundo municipio máis caro da provincia, só por detrás da propia capital, onde o metro cadrado acadou os 4.968 euros, malia un aumento moi moderado. Outras localidades como Manresa e Santa Coloma de Gramenet tamén viviron subas destacadas, mentres que Montcada i Reixac foi a única en rexistrar unha baixada, cun -1,2%, converténdose na excepción nun contexto xeral de encarecemento da vivenda nova.

Fonte.- Idealista