O prezo da vivenda aumentou en seis meses case o mesmo que en 2024 na cidade de Vigo, segundo Tinsa | Observatorio de Vivenda

O prezo da vivenda aumentou en seis meses case o mesmo que en 2024 na cidade de Vigo, segundo Tinsa

O prezo da vivenda aumentou en seis meses case o mesmo que en 2024 na cidade de Vigo, segundo Tinsa

Os prezos da vivenda en Vigo seguen nunha escalada sen freo e acadaron taxas que non se vían desde antes do estoupido da burbulla inmobiliaria. Nos dous primeiros trimestres de 2025 rexistrouse un incremento interanual superior ao 10%, algo que non sucedía desde 2007 e que supera mesmo os ritmos de Barcelona. Segundo datos da empresa de tasacións Tinsa, entre xaneiro e xuño o aumento acumulado foi do 7,3%, despois dun 2024 xa cun 8,7% de suba. Isto fixo que o metro cadrado se sitúe en 1.971 euros, preto de superar a barreira dos 2.000, cifra que non se acadaba desde entre 2007 e 2010, cando o mercado viviu o seu máximo histórico de 2.154 euros antes da forte caída que levou os prezos ata os 1.377 euros en 2018.

Neste contexto, o desbloqueo do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) vese como unha ferramenta urxente para dar seguridade xurídica aos promotores e favorecer a construción de novas vivendas. O parque residencial medrou un 2% en quince anos, o que alimenta a presión sobre os prezos. Desde o sector inmobiliario consideran que a aprobación definitiva do planeamento permitiría, nun prazo razoable, unha corrección á baixa de polo menos o 5% no custo da vivenda.

Fonte.- Faro de Vigo