A conversión en vivendas reduce o número de oficinas á venda en Vigo mentres medra o ‘coworking’ | Observatorio de Vivenda

A conversión en vivendas reduce o número de oficinas á venda en Vigo mentres medra o ‘coworking’

A conversión en vivendas reduce o número de oficinas á venda en Vigo mentres medra o ‘coworking’

A oferta de oficinas en venda en Vigo caeu un 30% en só un ano, en boa parte pola súa transformación en vivendas e polo auxe dos espazos de coworking. Segundo Idealista, actualmente hai algo máis de 160 oficinas no mercado, fronte ás case 240 de 2024, con prezos moi dispares que van desde 25.000 euros ata 1,3 millóns. O Concello de Vigo leva autorizadas máis de 40 conversións deste tipo en 2025 —o dobre que en todo 2024—, impulsadas por un decreto da Xunta de Galicia, co obxectivo de aumentar a oferta residencial mentres non se desenvolve o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Tamén os baixos comerciais se benefician desta tendencia, cunha caída do 20% na súa dispoñibilidade e un prezo medio de 1.123 €/m².