A Lei de Dereitos dos Inquilinos chega ao Parlamento británico, aínda que non será plenamente efectiva ata 2027 | Observatorio de Vivenda

A Lei de Dereitos dos Inquilinos chega ao Parlamento británico, aínda que non será plenamente efectiva ata 2027

A Lei de Dereitos dos Inquilinos chega ao Parlamento británico, aínda que non será plenamente efectiva ata 2027

O mercado de alugueiro de vivendas no Reino Unido está a piques de vivir unha transformación significativa co proxecto de Lei de Dereitos dos Inquilinos, que se está a debater no Parlamento británico. Esta lei busca cambiar de forma radical a relación entre propietarios e inquilinos, ademais de modificar a visión da vivenda como unha inversión. O partido Laborista, así como os conservadores, prometeron modificar as condicións dos contratos de alugueiro. Un dos puntos máis destacados da proposta é a eliminación da cláusula 21 da Lei de Vivenda, coñecida como "desaloxos sen culpa", que permitía aos propietarios rescindir o contrato sen motivo xustificado, simplemente notificando con dous meses de antelación.

A nova normativa establece que os propietarios poderán rescindir o contrato só por motivos específicos, como a venda da vivenda, a necesidade de que a utilicen familiares próximos, o impago do alugueiro ou danos na vivenda. Neste caso, os inquilinos recibirán un preaviso de catro meses, e non se permitirá realizar desaloxos no primeiro ano do contrato. As Asociacións de Propietarios mostran a súa preocupación polo posible alargamento dos prazos de desalojo debido ás novas restriccións, e temen que isto poida levar a unha selección de inquilinos, excluíndo aos máis vulnerables.

A proposta tamén inclúe a creación dunha figura de Defensor do Pobo do alugueiro, onde os propietarios deberán rexistrarse. Este defensor investigará as queixas dos inquilinos e poderá imponer sancións de ata 40.000 libras por queixas reiteradas. Outra gran novidade é a eliminación dos contratos de alugueiro de prazo fixo, quedando en vigor só os contratos indefinidos ou mensuais. Ademais, a nova normativa exixirá mellores condicións de calidade nas vivendas, cunha maior importancia do Certificado de Eficiencia Energética (EPC). A partir de 2030, as vivendas que se poidan alugar deberán ter unha cualificación mínima de Letra C, o que implicará unha importante inversión en reformas e melloras no parque de vivendas en alugueiro.

Fonte.- Idealista