As taxacións hipotecarias crecen un 11,4% no primeiro semestre de 2025, segundo a Asociación Española de Análise de Valor | Observatorio de Vivenda

As taxacións hipotecarias crecen un 11,4% no primeiro semestre de 2025, segundo a Asociación Española de Análise de Valor

As taxacións hipotecarias crecen un 11,4% no primeiro semestre de 2025, segundo a Asociación Española de Análise de Valor

Durante o primeiro semestre de 2025 realizáronse unhas 355.000 taxacións hipotecarias nas 22 sociedades asociadas á Asociación Española de Análise de Valor (AEV), o que supón un aumento interanual do 11,4% e o segundo mellor dato histórico neste período. En total, o número de taxacións, incluíndo todos os tipos, chegou ás 527.000, un 1,2% menos que en 2024, aínda que o seu valor conxunto superou por primeira vez os 250.000 millóns de euros, un 24% máis que o ano anterior. Este incremento reforza o peso das taxacións hipotecarias, que representan xa o 67% do total, fronte ao 60% dun ano atrás, debido á caída das valoracións con fins contables.

A actividade hipotecaria residencial marcou un novo récord, con 259.000 operacións, un 10% máis ca en 2024, e un valor medio por vivenda de 267.000 euros. As taxacións de obra nova disparáronse un 85%, ata máis de 7.100 operacións, mentres que as de proxectos de rehabilitación creceron un 44%. Estes avances reflicten un maior dinamismo no sector promotor e na renovación do parque inmobiliario. A nivel territorial, o crecemento foi máis notable nos municipios de máis de 100.000 habitantes e nas comunidades do País Vasco, A Rioxa e Estremadura, mentres que Navarra e Murcia amosaron descensos significativos na súa actividade.

Fonte.- Idealista