O prezo medio da compravenda de vivenda increméntase un 2,3% no terceiro trimestre, segundo os Rexistradores | Observatorio de Vivenda

O prezo medio da compravenda de vivenda increméntase un 2,3% no terceiro trimestre, segundo os Rexistradores

O prezo medio da compravenda de vivenda increméntase un 2,3% no terceiro trimestre, segundo os Rexistradores

O Colexio de Rexistradores, na súa Estatística Rexistral Inmobiliaria correspondente ao terceiro trimestre de 2025, sinala que o mercado da vivenda en España mantén unha tendencia ascendente. O Índice de Prezos de Vivenda de Vendas Repetidas marcou un novo máximo histórico, cun incremento trimestral do 3,4% e situándose un 26% por enriba do pico alcanzado en 2007. O prezo medio do metro cadrado acada os 2.303 euros, tras un aumento do 2,3% respecto ao trimestre anterior. As vivendas usadas rexistraron un incremento do 2,7% e as novas do 0,7%, ambas en máximos históricos. As zonas máis caras seguen sendo Madrid, Illes Balears, País Vasco e Cataluña, con San Sebastián, Madrid e Barcelona encabezando o ranking das capitais cun prezo medio por riba dos 4.700 euros/m². En quince comunidades e máis de corenta provincias observáronse subas trimestrais.

En canto á actividade do mercado, as compravendas medraron un 1,9% no trimestre, ata 174.384 operacións, o segundo dato máis alto desde 2007. En termos interanuais o aumento foi do 4,7%, impulsado pola vivenda nova, que sobe un 4,9%, e a usada, cun avance do 1,2%. A demanda estranxeira, aínda que lixeiramente menor, representa o 13,6% do total, con británicos, alemáns e neerlandeses á cabeza. Illes Balears, Comunitat Valenciana e Canarias son as rexións con maior peso de compradores foráneos. O número de hipotecas mantívose practicamente estable, con 123.483 rexistradas, un leve descenso do 0,1%, destacando Andalucía, Cataluña e Madrid como as comunidades con máis operacións hipotecarias.

Fonte.- Registradores