En xaneiro os prezos da vivenda en Reino Unido crecen un 2.8% mensual, segundo Rightmove | Observatorio de Vivenda

En xaneiro os prezos da vivenda en Reino Unido crecen un 2.8% mensual, segundo Rightmove

En xaneiro os prezos da vivenda en Reino Unido crecen un 2.8% mensual, segundo Rightmove

O mercado inmobiliario británico iniciou o ano cun forte repunte nos prezos da vivenda en venda. Segundo datos de Rightmove, o custo medio das casas aumentou un 2,8% nas primeiras semanas de xaneiro, tras dous meses previos de descensos case continuados. O prezo medio sitúase agora arredor das 368.000 libras, o que supón o maior incremento rexistrado nunca nun mes de xaneiro e o avance máis destacado desde mediados de 2015. Este movemento interprétase como unha recuperación tras a incerteza xerada nos últimos meses de 2025, especialmente polos rumores sobre cambios fiscais que afectaron á confianza dos compradores. Unha vez presentados os Orzamentos, e descartada unha subida xeral de impostos como o de Transmisións, o mercado mostrou sinais claros de estabilización e mellora das expectativas.

En paralelo, o mercado do alugueiro ofreceu unha evolución distinta. A axencia Hamptons sinala que os prezos dos arrendamentos pecharon 2025 cunha caída media do 0,7%, algo inédito desde que existen rexistros comparables, o que se relaciona cun maior acceso á compra ou cunha permanencia máis prolongada no fogar familiar. Londres liderou os descensos, cun recorte próximo ao 3%, acompañado doutras baixadas no sueste de Inglaterra, Midlands Occidentais, Yorkshire e Gales. Este contexto complétase cunha oferta de vivendas á venda no nivel máis alto en máis dunha década, salarios medrando por riba dos prezos inmobiliarios e hipotecas algo máis baratas que hai un ano, aínda que os expertos prevén que os tipos se manteñan bastante estables nos próximos meses.

Fonte.- Idealista