O Observatorio do Alugueiro sitúa ata no 39,77% o esforzo para acceder a unha vivenda de Casa 47 | Observatorio de Vivenda

O Observatorio do Alugueiro sitúa ata no 39,77% o esforzo para acceder a unha vivenda de Casa 47

O Observatorio do Alugueiro sitúa ata no 39,77% o esforzo para acceder a unha vivenda de Casa 47

O Observatorio do Alugueiro cuestiona que as 638 vivendas publicadas no portal de Casa 47 cumpran o criterio de accesibilidade establecido pola Lei de Vivenda. Segundo a análise da entidade, a renda do alugueiro por si soa xa alcanza o límite do 30% dos ingresos netos mínimos esixidos ás unidades de convivencia, sen incorporar os gastos de subministracións básicas nin, cando corresponde, os de comunidade. A normativa estatal establece que o conxunto da renda, os gastos comunitarios e as subministracións non debe superar ese 30%, polo que o Observatorio considera que a fórmula empregada para fixar as rendas non se axusta a este criterio.

O estudo sinala que as normas de comercialización de Casa 47 tamén establecen límites relacionados co esforzo económico dos fogares, aínda que trasladan aos inquilinos determinados gastos ordinarios de comunidade e servizos como a auga, o gas ou a electricidade. Para a súa análise, o Observatorio estima en 123 euros mensuais o custo medio das subministracións básicas, incluíndo luz, auga, electricidade e internet, o que eleva a taxa de esforzo por riba do 35% nos fogares cos ingresos mínimos requiridos. A maior taxa identificada corresponde a unha vivenda de Xixón, cun 39,77%, é dicir, 9,77 puntos por encima do límite do 30% establecido pola normativa.