A rendibilidade da vivenda en alugueiro baixa ata o 6,2 % no terceiro trimestre, segundo un estudo de Idealista | Observatorio de Vivenda

A rendibilidade da vivenda en alugueiro baixa ata o 6,2 % no terceiro trimestre, segundo un estudo de Idealista

A rendibilidade da vivenda en alugueiro baixa ata o 6,2 % no terceiro trimestre, segundo un estudo de Idealista

A rendibilidade bruta da compra de vivenda para alugala situouse no 6,2 % en España, fronte ao 6,9 % rexistrado un ano antes, segundo un estudo de Idealista que compara os prezos de venda e alugueiro dos distintos produtos inmobiliarios. A pesar deste descenso, o retorno da vivenda supera en 2,1 puntos o rendemento do bono do Estado a dez anos, situado no 4,1 %. Entre as capitais analizadas, Huelva presenta a rendibilidade máis elevada, cun 7,4 %, seguida de Castelló da Plana (7,2 %) e Zamora (7 %). No extremo contrario sitúase Donostia-San Sebastián, cun 3,3 %, mentres que A Coruña alcanza o 4,2 %, Madrid e Palma o 4,3 %, e Barcelona o 4,4 %.

As oficinas continúan sendo o produto inmobiliario máis rendible, cun 11,2 %, seguidas dos locais comerciais, cun 10 %, e dos garaxes, cun 6 %. No mercado dos locais, Tarragona destaca cunha rendibilidade do 11,2 %, mentres que Lleida e Zaragoza lideran o segmento das oficinas, cun 10,4 % en ambos os casos. Nos garaxes, Murcia rexistra o retorno máis elevado, cun 9,6 %, seguida de Barcelona, cun 6,7 %. O incremento do rendemento da débeda pública reduciu a vantaxe deste tipo de investimentos inmobiliarios: a rendibilidade dos garaxes queda por baixo do bono estatal en 14 capitais españolas, mentres que Donostia-San Sebastián é a única capital onde a vivenda ofrece un retorno inferior a esa referencia.

Fonte.- Idealista