Axudas ás comunidades de propietarios/as para a reparación, a rehabilitación e/ou a adaptación dos edificios de vivendas protexidas promovidos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (2018). IGVS, Xunta de Galicia.

Poderán beneficiarse das subvencións as comunidades de propietarios dos edificios de vivendas protexidas promovidos pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda e os transferidos á Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que non recibisen outra axuda do Instituto Galego da Vivenda e Solo para realizar obras do mesmo concepto nos dez anos inmediatamente anteriores ao da convocatoria.

Os edificios que opten ás axudas deberán cumprir unha serie de requisitos, que van desde que o edificio reúna as necesarias condicións de seguridade estrutural ou que non teñan iniciadas as obras das actuacións para as que van solicitar axuda no momento de presentar a solicitude.

Convocatoria.- Diario Oficial de Galicia do 20-03-2018