Axudas do Programa Rehaluga para a rehabilitación de vivendas que se destinen a alugueiro social (2018). IGVS, Xunta de Galicia.

Axudas do Programa Rehaluga para a rehabilitación de vivendas que se destinen a alugueiro social (2018). IGVS, Xunta de Galicia.

Os propietarios de inmobles incluídos no Programa de Vivendas Baleiras creado pola Xunta poderán beneficiarse de axudas para a realización de obras de conservación, mantemento e rehabilitación das mesmas.

 

O importe máximo das axudas a fondo perdido que ofrece o Goberno galego serán de 4.000 euros cando sexan edificios de vivendas e de ata 5.500 euros ao tratarse de vivendas unifamiliares, tal como establece a Orde publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) e que regula as bases polas que se rexen estas axudas e a convocatoria para 2018. O obxectivo do Plan Rehaluga é axudar aos propietarios de inmobles desocupados para dotalos das condicións de habitabilidade necesarias para destinalos a alugueiro social.

 

Convocatoria.- Diario Oficial de Galicia do 14-03-2018