Axudas para a adquisición de vivendas protexidas do Plan estatal de vivenda 2018-2021. Xunta de Galicia.

Axudas para a adquisición de vivendas protexidas do Plan estatal de vivenda 2018-2021. Xunta de Galicia.

Esta resolución establece as bases reguladoras que rexerán a concesión das axudas para a adquisición de vivendas protexidas e procede á súa convocatoria para a anualidade 2021.

Este programa de axudas ten por finalidade facilitar o acceso á propiedade das vivendas de protección autonómica de réxime xeral e especial, así como dinamizar o sector da construción, propiciando a saída ao mercado de vivenda protexida, que poderá ser de nova construción ou procedente da rehabilitación.

A contía da axuda para a adquisición de vivenda, no caso de vivendas situadas en municipios de prezo máximo superior, ata 20.000 euros por vivenda, no suposto de vivendas adquiridas por persoas menores de 35 anos, e ata 16.000 euros, no caso de vivendas adquiridas por persoas maiores de 35 anos. No caso de vivendas situadas nos restantes municipios de Galicia, ata 16.000 euros, no suposto de vivendas adquiridas por persoas menores de 35 anos, e ata 12.000 euros, no caso de vivendas adquiridas por persoas maiores de 35 anos.

Máis información