Axudas para contribuír a minimizar o impacto económico e social da COVID-19 nos alugueiros de vivenda habitual

Axudas para contribuír a minimizar o impacto económico e social da COVID-19 nos alugueiros de vivenda habitual

Este programa ten por obxecto a concesión de axudas ao alugueiro, mediante a adxudicación directa as persoas arrendatarias da vivenda habitual que, como consecuencia do impacto económico e social da COVID-19, teñan problemas transitorios para atender ao pago parcial ou total do alugueiro. 

Específicamente, o programa inclúe no seu obxecto a concesión de axudas para facer frente á devolucion das axudas transitorias de financiación recollidas no artigo 9 do Real Decreto Lei 11/2020, polo que se adoptan medidas urxentes complementarios no ámbito social e económico para facer frente a COVID-19 e contraídas polas persoas arrendatarias de vivenda habitual, a cuxa devolucion non puidesen facer frente. 

Poderán beneficiarse destas axudas as persoas físicas maiores de idade. 

 

Máis información 

Diario Oficial de Galicia