Bankinter eleva ao 7% a súa previsión de encarecemento da vivenda e sitúa o déficit de vivendas en 700.000 inmobles | Observatorio de Vivenda

Bankinter eleva ao 7% a súa previsión de encarecemento da vivenda e sitúa o déficit de vivendas en 700.000 inmobles

Bankinter eleva ao 7% a súa previsión de encarecemento da vivenda e sitúa o déficit de vivendas en 700.000 inmobles

Bankinter revisou á alza as súas previsións e calcula que o prezo da vivenda medrará un 7% en 2026, tres puntos máis que na estimación anterior, segundo o seu Informe Inmobiliario. A entidade cifra o déficit actual de vivendas en arredor de 700.000 inmobles e advirte de que aumenta a un ritmo superior ás 150.000 unidades anuais. De continuar a tendencia entre oferta e demanda, o desaxuste podería superar os dous millóns de vivendas nun prazo de dez anos. O estudo estima a creación duns 200.000 novos fogares ao ano, aos que se suman máis de 50.000 adquisicións anuais por parte de compradores estranxeiros. 

O informe indica que as taxas de esforzo no alugueiro superan o 50%, o que limita esta opción para a demanda natural. Aínda que os prezos actuais superan en máis dun 25% os rexistrados no pico do ciclo anterior, a renda dispoñible dos fogares incrementouse un 36%, polo que en termos reais os prezos sitúanse arredor dun 10% por baixo daqueles máximos. A compra por parte de estranxeiros representa preto do 20% das transaccións, superando o 40% en provincias como Alicante, Tenerife, Málaga ou Baleares, e conta cunha capacidade de pago un 80% superior á do comprador nacional. 

Fonte.- El Economista