As cidades galegas contan con máis de trinta puntos quentes de vivendas okupadas

As cidades galegas contan con máis de trinta puntos quentes de vivendas okupadas

A crise da COVID-19 provocou que as ocupacións se multiplicaran por todos o país. Na actualidade, máis de 400 vivendas foron ocupadas de maneira ilegal en Galicia, estando A Coruña á cabeza cun total de oito zonas conflictivas: Monte Alto, avenida de Peruleiro, rúa da Paz, ronda de Nelle, Agra do Orzán, A Zapateira, rúa Eladio Rodríguez e rúa de Padre Busto. 

As ocupacións de vivendas baleiras, que na comunidade xa superan as 330.000, chegan ao semicentro e centro de cidades como A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo e Ourense, as que máis casos rexistran e que están localizadas en urbanizacións de vivendas unifamiliares. 

O principal obxectivo dos okupas son as vivendas adxudicadas ás entidades financieiras xa que estas tardan semanas, e incluso meses, en detectar que o inmoble foi ocupado. Pero este crecente e preocupante fenómeno, segundo advirten empresarios inmobiliarios, tamén se produce en vivendas particulares ou promocións que están a punto de ser entregadas. 

 

Fonte | La Opinión Coruña