A compravenda de vivendas rexistra o seu mellor semestre desde a burbulla, pero modera o seu crecemento, segundo os datos do Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana | Observatorio de Vivenda

A compravenda de vivendas rexistra o seu mellor semestre desde a burbulla, pero modera o seu crecemento, segundo os datos do Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana

A compravenda de vivendas rexistra o seu mellor semestre desde a burbulla, pero modera o seu crecemento, segundo os datos do Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana

Na primeira metade do ano, o mercado inmobiliario español acadou o volume máis alto de compravendas de vivendas desde 2007, ano marcado pola burbulla inmobiliaria. Entre xaneiro e xuño formalizáronse preto de 380.000 operacións, un 8,5 % máis que no mesmo período do exercicio anterior, segundo o Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana. Aínda que a actividade é intensa, o ritmo de crecemento amosou unha progresiva moderación tras varios meses de fortes repuntes. Os rexistros do INE confirman tamén cifras históricas, con máis de 357.000 transaccións, o que supón un incremento próximo ao 20 % interanual. Mesmo en xullo, o número de operacións foi o máis alto desde que existen datos comparables, malia que os notarios detectaron un leve retroceso dun 1 %, interpretado como un pequeno enfriamento do mercado.

A pesar das subas dos tipos de interese impulsadas polo BCE entre 2022 e 2023, que encareceron as hipotecas, o mercado da vivenda mantén un nivel de actividade notable. Desde que o euríbor comezou a baixar a mediados de 2024, a demanda reactivouse grazas á mellora do emprego, o abaratamento do crédito, o aumento da poboación e o interese estranxeiro. A escaseza de oferta, porén, continúa presionando os prezos e dificultando o acceso á vivenda, especialmente nas zonas máis dinámicas. Se se mantén a tendencia actual, os expertos prevén que 2025 poida pechar con arredor de 720.000 compravendas, aínda que a evolución mensual mostra un crecemento máis moderado que nos primeiros meses do ano.

Fonte.- El Diario