A edificación de vivenda en Galicia medra un 71% no útlimo ano, segundo datos publicados polo IGE | Observatorio de Vivenda

A edificación de vivenda en Galicia medra un 71% no útlimo ano, segundo datos publicados polo IGE

A edificación de vivenda en Galicia medra un 71% no útlimo ano, segundo datos publicados polo IGE

A construción de vivenda nova en Galicia rexistrou un incremento significativo, cun aumento do 71% no número de proxectos de obra nova ata 375 vivendas fronte a 219 no período comparado anterior. A tendencia na última década é claramente ascendente, chegando a multiplicarse por seis o volume de licenzas de edificación, cun crecemento acumulado superior ao 540%. Aínda así, o ritmo de produción segue sendo insuficiente para cubrir a demanda residencial estimada, que se sitúa entre 20.000 e 35.000 vivendas adicionais necesarias para equilibrar o mercado. O impulso recente non logra compensar o déficit estrutural existente no acceso á vivenda.

No ámbito da rehabilitación, a evolución é negativa e contribúe a ampliar a fenda entre oferta e demanda. O número de vivendas rehabilitadas redúcese ata 66 unidades, o que supón unha caída próxima ao 50% respecto a 130 intervencións anteriores. Este descenso evidencia que nin a nova construción nin a recuperación do parque existente están a responder ás necesidades habitacionais. O resultado é unha presión sostida sobre o mercado nun contexto no que Galicia concentra un elevado volume de vivenda baleira e inmobles en estado de deterioro.

Fonte.- Galiciaé