Entra en vigor a nova Lei de Vivenda de Andalucía para aliviar a crise habitacional e reducir o déficit de vivenda | Observatorio de Vivenda

Entra en vigor a nova Lei de Vivenda de Andalucía para aliviar a crise habitacional e reducir o déficit de vivenda

Entra en vigor a nova Lei de Vivenda de Andalucía para aliviar a crise habitacional e reducir o déficit de vivenda

O pasado sábado 24 de xaneiro entrou en vigor a nova Lei de Vivenda de Andalucía, cunha aposta clara por incrementar a oferta de vivenda protexida e a prezos accesibles. A norma céntrase en facilitar a construción e rehabilitación de inmobles, garantir dispoñibilidade de solo e reducir trabas administrativas nos proxectos residenciais, ao tempo que reforza a seguridade xurídica dos propietarios fronte a problemas crecientes como a ocupación ilegal. Desde a Xunta andaluza sublíñase que esta lei é froito do diálogo e que serve para consolidar a estratexia iniciada en 2019, que permitiu multiplicar por catro o número de vivendas protexidas e situar Andalucía como unha das comunidades con maior actividade edificatoria, tanto en vivenda libre como protexida.

Entre as principais medidas destaca a creación de áreas prioritarias, territorios con especiais dificultades de acceso á vivenda onde se concentrarán axudas ao alugueiro, á compra e incentivos á promoción e rehabilitación. A lei impulsa tamén a colaboración público-privada mediante novas fórmulas e órganos de coordinación, buscando ampliar o parque residencial accesible e equilibrar os usos entre venda e alugueiro, sempre priorizando a residencia habitual. Ademais, mellórase a xestión das vivendas públicas cun inventario único, refórzase a rehabilitación con criterios de sustentabilidade e eficiencia enerxética, e establécense mecanismos de coordinación para evitar o uso indebido das vivendas e protexer ás persoas máis vulnerables, ao tempo que se simplifica o marco normativo vixente mediante a derrogación de varias leis anteriores.

Fonte.- La Razón