A Fiscalía Xeral adopta como principio instar ao desaloxo das vivendas ocupadas ilegalmente

A Fiscalía Xeral adopta como principio instar ao desaloxo das vivendas ocupadas ilegalmente

A ocupación é un problema real, crecente e ahora manexado por grupos organizados. Así o describe a Fiscalía Xeral do Estado, a cal emitiu onte unha instrucción precisa e concreta dirixida a todos os fiscais de España para que insten aos xuízes a ordenar o desaloxo cautelar das vivendas ocupadas cando se presente unha denuncia por ocupación ilegal ou usurpación do inmoble, xa sexa este de uso habitual, secundario ou ocasional. 

Como requisito previo para que os fiscais pidan aos xuíxes que se desaloxe unha vivenda, a Fiscalía Xeral do Estado require que os propietarios presenten unha denuncia e que se aporten ademais canto antes unha certificación rexistral firmada electrónicamente polo rexistrador e co código seguro de verificación.

No momento no que se traslade á Xustiza o atestado policial dando conta duha ocupación, a Fiscalía terá que solicitar o desaloxo cautelar do inmoble, así como cando teña coñecemento de calquera procedemento xudicial por ocupación ilegal de morada ou usurpación, ou se se produce durante o xuízo oral.

Alúdese na instrucción dictada onte incluso á ocupación de vivendas de alugueiro social de persoas en situación económica moi precaria, ou propiedades de ancianos con poucos recursos.

Fonte | La Voz de Galicia