Galicia rexistra un aumento do prezo das vivendas debido á maior demanda de casas e chalés

Galicia rexistra un aumento do prezo das vivendas debido á maior demanda de casas e chalés

A construción en Galicia acelerouse desde o momento no que finalizou o confinamento, superando en maio de 2020 os 540 inmobles novos e recuperando as compravendas os niveis previos grazas á maior demanda e a importancia que as familias dan ao benestar da vivenda tras o peche. Consecuentemente os prezos comezaron a aumentar, rexistrándose unha media de 972 euros por metro cadrado en xullo de 2020.

Con todo, segundo o balance publicado agora polo Consello Xeral do Notariado, tras un incremento anual do 19,5%, o importe sitúase en 1.226 euros por metro cadrado no caso dos pisos e en 700 euros nas construcións unifamiliares, onde se rexistra o encarecemento anual máis forte, un 21,9%, fronte ao 11,6% do resto de vivendas.

Isto estivo provocado pirncipalmente polo aumento da demanda na comunidade, xa que Galicia volveu superar o nivel das 2.000 compravendas no arranque do verán, o que supón un ascenso do 14,2% en comparación con xullo de 2020. Á cabeza destas compravendas están as casas e os chalés debido á maior demanda de espazos verdes nunha contorna tranquila.

Fonte | Faro de Vigo