As hipotecas crecen un 60% interanual en outubro, e rexistra niveles de 2010, acorde aos datos publicados polo INE | Observatorio de Vivenda

As hipotecas crecen un 60% interanual en outubro, e rexistra niveles de 2010, acorde aos datos publicados polo INE

As hipotecas crecen un 60% interanual en outubro, e rexistra niveles de 2010, acorde aos datos publicados polo INE

O mercado hipotecario en España pecha o 2024 cunha actividade récord, impulsada polas rebaixas de tipos aplicadas polo Banco Central Europeo ao longo do ano. Segundo o INE, o número de hipotecas constituídas en outubro aumentou un 60,8% respecto ao mesmo mes de 2023, alcanzando as 51.535 operacións cun importe medio de 150.556 euros, un 7,3% máis. Este incremento reflicte o impacto das medidas monetarias, a pesar da escaseza de vivenda que caracteriza o país.

En canto ás condicións das hipotecas, o tipo de xuro medio en outubro situouse no 3,12%, cun prazo medio de 25 anos. O 62,6% das hipotecas formalizáronse a tipo fixo, mentres que o 37,4% foron a tipo variable, cun xuro inicial do 3,32% e 2,83%, respectivamente. Aínda que as hipotecas a tipo fixo seguen sendo predominantes, os expertos prevén un aumento das variables cara a finais de ano debido á caída do Euríbor, que durante meses mantivo valores que afastaban os consumidores dos contratos variables.

Por outra banda, o número total de hipotecas con modificacións nas súas condicións caeu un 1,9% en outubro en comparación co ano anterior. As novacións, ou cambios coa mesma entidade, subiron un 13,9%, mentres que as subrogacións ao deudor diminuíron un 38,9% e as ao acreedor un 80,1%. A maioría destes cambios (95,3%) foron por variacións nos tipos de xuro. A nivel rexional, destacaron os aumentos en Asturias (140,1%), Aragón (122,1%) e Galicia (89,9%), mentres que Canarias, Navarra e Cataluña rexistraron as menores subas.

Fonte.- ABC