Madrid pagará a fianza do alugueiro á mocidade no mercado privado se os seus ingresos son inferiores a 37.300 euros grazas ao Plan Integral de Alugueiro

Madrid pagará a fianza do alugueiro á mocidade no mercado privado se os seus ingresos son inferiores a 37.300 euros grazas ao Plan Integral de Alugueiro

A empresa municipal da vivenda e solo de Madrid (EMVS) anunciará o luns o novo Plan Integral de Alugueiro Municipal. Así, unha das medidas máis destacadas beneficia aos mozos e mozas madrileños de entre 18 e 35 anos cuns ingresos menores a 37.300 euros anuais, xa que a EMVS abonará a fianza do alugueiro a aquelas persoas que cumpran este requisito e busquen unha vivenda cun arrendamento cuxa fianza non supere os 1.100 euros no mercado privado, de forma que o inquilino, pola súa parte, deberá devolver esta cantidade (sen intereses) nos próximos 24 meses.

Esta rama do Plan (ten catro) chamarase conFIANZA Joven e ten como obxectivo principal facilitar a entrada ao mercado de alugueiro aos menores de 35 anos que son os que máis dificultades teñen. Por este motivo, a EMVS non só pretende reforzar o alugueiro social, senón tamén dar cobertura ao mercado privado consciente dos problemas de accesibilidade a este segmento que sofre a mocidade.

Para optar a esta axuda, os solicitantes deben de levar polo menos cinco anos empadronados en Madrid, ter uns ingresos anuais inferiores a catro veces o IPREM (37.300 euros), que a fianza non supere os 1.100 euros e que o contrato esté xestionado a través da EMVS.

Fonte | Idealista