O cambio de uso de oficinas a vivendas en Nova York podería xerar máis de 17.000 novos fogares segundo un informe de Brad Lander | Observatorio de Vivenda

O cambio de uso de oficinas a vivendas en Nova York podería xerar máis de 17.000 novos fogares segundo un informe de Brad Lander

O cambio de uso de oficinas a vivendas en Nova York podería xerar máis de 17.000 novos fogares segundo un informe de Brad Lander

Un informe elaborado por Brad Lander, controlador da cidade de Nova York, revela que a primeira vaga de transformacións de oficinas en vivendas podería xerar máis de 17.000 novos fogares, o que amosa o gran potencial destes proxectos para paliar a crise habitacional na cidade. O estudo céntrase en 44 iniciativas de reconversión que xa están en marcha, rematadas ou en fase de proposta, a maioría delas situadas no núcleo comercial de Manhattan, ao sur da rúa 59. Estas transformacións gañaron forza trala pandemia, que provocou un forte descenso na demanda de oficinas debido ao teletraballo, deixando moitos edificios emblemáticos practicamente baleiros.

Porén, o informe tamén alerta sobre o custo público destas iniciativas, xa que as exencións fiscais asociadas poderían implicar perdas de até 5.100 millóns de dólares (uns 4.385 millóns de euros) nas próximas décadas. A pesar diso, os promotores continúan anunciando novos proxectos de gran envergadura, como a rezonificación dun solar na 395 Flatbush Avenue Extension, en Brooklyn, onde se prevé construír un edificio de 72 andares con máis de 1.200 apartamentos, ou a reconversión do emblemático 5 Times Square, que albergará 1.250 novas vivendas nun rascacielos de 38 plantas.

Fonte.- Idealista