O Colexio de Arquitectos de Catalunya advirte da nova tendencia inmobiliaria, menos intensiva na construción residencial

O Colexio de Arquitectos de Catalunya advirte da nova tendencia inmobiliaria, menos intensiva na construción residencial

O Colexio de Arquitectos de Catalunya constata no seu último informe que, por segunda ano consecutivo, os inversores inmobiliarios están centrándose cada vez menos nas construcións para uso residencial na Comunidade. O crecemento da superficie en uso para vivendas residenciais aumentou un 0,7 %, por un aumento da superficie de 13,7 % para outros usos, como o comercial. Na cidade de Barcelona, o aumento da superficie destinada a novas oficinas incrementouse nun 194 %.

Para o Colexio de Arquitectos, os cambios na regulación das novas promocións de vivenda (onde é obrigatorio para os promotores ofertar un 30 % de vivendas sociais nos proxectos que superen certo tamaño), máis a incerteza política e o estancamento global, son as causas que explican esta tendencia. Polo tanto, cren que esta nova dinámica terá carácter temporal.

Fonte| El Periódico